Alén da fronteira

¡Oferta!

Alén da fronteira

El precio original era: €12.35.El precio actual es: €3.29.

SKU: wjdxvgvp25522 Categoría:

Descripción

Sete voces de Euskadi traspasan as fronteiras lingüísticas para darse a coñecer en Galicia da man da colección Tambo, que reúne versos dos catro puntos cardinais. Luigi Anselmi. Bernardo Atxaga. Jon Gerediaga. Tere Irastortza. Xabier Lete. Xabier Montoia. Joseba Sarrionandia. Ilustración de cuberta de µNGEL CERVIÑO De idades, estilos e traxectorias diferentes, o que teñen en común os poetas vascos agrupados nesta antoloxía é a súa pertenza a unha lingua milenaria e o feito de publicaren boa parte da súa obra na editorial Pamiela. De cada un, preséntanse media ducia de composicións -en edición bilingüe éuscaro/galego- que pretenden estimular o interese dos lectores galegos por unha poesía insuficientemente divulgada alén da súas fronteiras. Faktoría K retoma o ronsel literario iniciado pola colección de poesía Tambo, que interrompera a súa actividade en 2006 despois de máis de trinta entregas. Daquela -e tamén con Luís Rei Núñez como coordinador- saíron obras de escritores como Carlos Oroza, Ramiro Fonte, Estíbaliz Espinosa, Antón Patiño, Román Raña, Manuel Romón, Elvira Rivero, Xavier Seoane, Cecilio Muñoz ou Manuel µlvarez Torneiro. Na ilustración das portadas colaboraron artistas como Menchu Lamas, Xosé Freixanes, Berta Cáccamo, Marta Armada ou Antón Lamazares. Nesta nova etapa, Tambo ábrese a autores doutras linguas traducidos directamente para o galego.


Editorial:FAKTORIA K DE LIBROS
Año de edición: 2012
Materia:Ficcion moderna y contemporanea
ISBN:978-84-15250-37-1
Idioma:Gallego
Páginas:220
Encuadernación:Bolsillo
Alto:210cm
Ancho:145cm
Colección:Trece Luas

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “Alén da fronteira”

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *