O baile diminuto

¡Oferta!

O baile diminuto

El precio original era: €12.60.El precio actual es: €3.57.

SKU: qcyswcfg54783 Categoría:

Descripción

De onde saíron os animais diminutos que atravesan a mañá do xardín? Será que un día non eran nada e logo foron grilos, vermes, bolboretas? “O baile diminuto” é un texto poético que destaca pola súa sonoridade e o protagonismo do campo e da natureza, a través dos insectos que van desfilando polas súas páxinas, caracterizados por Sole Poirot con moita orixinalidade mediante a técnica do collage: a araña, a avespa, a formiga, a couza… A partir dunha estrutura repetitiva que potencia o efecto lírico da obra, María José Ferrada constrúe composicións dunha gran calidad literaria: unha linguaxe metafórica e evocadora, que esperta os sentidos e mais a curiosidade dos lectores sobre un sorprendente mundo de seres minúsculos que soen pasarnos desapercibidos. O grilo que compón a súa propia melodía, a abella que soñaba con flores docísimas, os térmites que esculpen universos de madeira, o vestido de lunares da xoaniña, o farol verde co que o vagalume ilumina o mundo, a mosca de lentes enormes que toma apuntes nun caderno con follas de aire, as ás como espellos de auga do cabaliño do demo ou a bolboreta que voa de primavera en primavera… Unha fauna vista, descrita e ilustrada dende a óptica da beleza.


Editorial:KALANDRAKA
Año de edición: 2012
Materia:Albumes ilustrados
ISBN:978-84-8464-782-9
Idioma:Gallego
Páginas:36
Encuadernación:Cartoné
Colección:Poesia
Ilustración:Celej, Zuzanna

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “O baile diminuto”

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *