Onde viven os monstros

¡Oferta!

Onde viven os monstros

El precio original era: €14.04.El precio actual es: €3.50.

SKU: npoepovu72876 Categoría:

Descripción

Castigado sen cear polas súas trasnadas, Max emprende unha viaxe simbólica dende o seu cuarto ata un lugar fantástico, atravesando un tempo/espazo mítico e enfrontándose aos seus medos. Alí chegará a converterse no Rei dos monstros. Esta obra está considerada o álbum ilustrado perfecto. Publicado por primeira vez en 1963, «Onde viven os monstros» suscitou certa polémica polo seu tratamento nada exemplarizante dos nenos, pero chegou a ser un clásico da LIX e un referente imprescindible. Está traducido a numerosas linguas e ademais é unha das obras máis vendidas de todos os tempos. Castigado sen cear polas súas trasnadas, Max emprende unha viaxe simbólica dende o seu cuarto ata un lugar fantástico, atravesando un tempo/espazo mítico e enfrontándose aos seus medos. Tras converterse no rei duns monstros tan feroces coma entrañables, retorna ao punto de partida, onde lle agarda a cea. Unha travesía de ida e volta, dende a realidade á ficción, sen que nada nin ninguén explique se esa metamorfose foi produto dun soño. «Onde viven os monstros» é un exemplo de álbum ilustrado pola súa perfecta conxunción entre palabra e imaxe; unha historia poética e sinxela, contada con humor, total economía expresiva e absoluta harmonía entre texto e ilustracións. Todo se conxuga neste libro, pensado artisticamente ata o máis mínimo detalle: o xogo coa diagramación, o formato, a atmosfera case máxica que desprende cada páxina, a tensión argumental e a combinación de palabras, sons e repeticións. Así, o tamaño das ilustracións vai in crescendo a medida que o protagonista se interna no mundo onírico; as imaxes ocuparán a totalidade da páxina cando a historia acade o seu clímax e irán diminuíndo en envergadura cando Max vaia regresando ao plano da realidade.


Editorial:KALANDRAKA
Materia:Albumes ilustrados
ISBN:978-84-8464-859-8
Idioma:Gallego
Páginas:48
Encuadernación:Cartoné
Colección:Tras Os Montes
Ilustración:Sendak, Maurice

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “Onde viven os monstros”

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *