Descripción
Un divertido álbum sobre o crecemento e a resiliencia.á
Rino xa non é un cágado e aprendeu a andar en bicicleta. Con todo, non estáácontento. Quere ir sen rodiñas e manter o equilibrio como o señor Renato,áque leva o xornal debaixo do brazo, como a señora Adela, que carga coaácompra sen caer, ou como Laureano, o carteiro, que reparte o correo por todaáa cidade… Pero para andar sen rodiñas non lle abondará coa súa vontade,ánecesitará que alguén lle axude.
Unha historia sobre a importancia da vontade e da resiliencia como elementosáfundamentais no proceso de aprendizaxe e de crecemento, aínda que taménásobre a relevancia da axuda colectiva e da solidariedade. Unha obra con moitoáhumor e imaxes cheas de detalle protagonizada por animais humanizados, coaácidade como pano de fondo.
Esta obra foi finalista do XVII Premio Internacional Compostela para ÁlbumsáIlustrados.






Valoraciones
No hay valoraciones aún.