Tres poetas en estado de alarma

¡Oferta!

Tres poetas en estado de alarma

El precio original era: €12.59.El precio actual es: €3.40.

SKU: bwwnkwkx16136 Categoría:

Descripción

E no medio desta cacofonía, desta enxurrada de información (onde se atopa a verdade?), desta confusión e deste caos, xorden tres mosqueteiros que mudan a espada pola pluma dos seus sombreiros de aba ancha e transforman a arte da esgrima para mudala de ritual clasista en esgrima gramatical, defendendo así á estirpe que os criou, que fixo deles seres adultos e autónomos. Como eremitas retornados ás súas covas do deserto (neste caso ficticias) foron producindo reflexións aceiradas, salmos, metáforas e alegorías, pequenos poemas cal espiñas dunha coroa de sufrimentos e eivas descubertas, mais tamén de iluminación e aprendizaxe (que na fin son etapas da madureza persoal). Eses tres mosqueteiros, eremitas ou simplemente cidadáns libres son neste caso Vítor Vaqueiro, Xosé María ÁlvarezCáccamo e Carlos Negro, un trío de ases nos que un pode confiar (palabra de D’Artagnan)

Contamínense de Xosé María, de Carlos e de Vítor, celebren a escrita sen fronteiras. Contemplen o por-do-sol, respiren conscientemente e sigan as súas intuicións mentres reflexionan no que aqui leron e no que se atopen nos corredores do seu labirinto propio, Minotauros, bestas ilustradas debullando a xelatina dos días.

Xavier Queipo, Bruxelas, Xuño 2020


Editorial:EDICIONS LAIOVENTO
Año de edición: 2020
Materia:Poesia de poetas individuales
ISBN:978-84-8487-478-2
Idioma:Gallego
Páginas:104
Encuadernación:Bolsillo
Alto:210cm
Ancho:140cm
Colección:Endovelia

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “Tres poetas en estado de alarma”

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *